O Parque Nacional de Garajonay ten unha ampla rede de carreiros e guías especializados para asegurar que os visitantes aprendan ao tempo que gozan. Este servizo está dispoñible para os grupos organizados (colectivos, asociación, entidades, grupos escolares, etc.) que fiquen na illa varios días ou tan só unhas horas (chegando pola mañá e marchando pola tarde). Para reservar, é preciso cubrir o MODELO de SOLICITUDE de ACCESO a este servizo que poderán descargar de Tramitación de RESERVAS e envialo á dirección indicada en DADOS DE CONTACTO (cvgarajonay@oapn.es), ou chamar de 9:00h.-15:00h (excepto sábados e domingos) ao teléfono 922 477 223. Neste MODELO de SOLICITUDE de ACCESO pídense diferentes dados sobre o grupo, así coma o obxectivo da visita, número de persoas e tempo estimado que queren adicar ao Parque. Estes dados son importantes para aconsellar e informar ao grupo da mellor opción adaptada ás necesidades e características do grupo.
Dada a fraxilidade do espazo, a súa conservación depende da actitude responsable dos seus visitantes. Rogámoslles que teñan en conta a normativa que se aplica a estes espazos de grande valor.
IMPORTANTE: Este servizo pode ser cancelado por causa de forza maior ou por Alerta Meteorolóxica por fenómenos adversos (Alerta Amarela, Laranxa ou Vermella).