Gobierno de España. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino

Central de Reservas en liña do Organismo Autónomo de Parques Nacionais

 
 

PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO: Parque nacional Islas Atlánticas de Galicia

MENÚ de OPCIÓNS do PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO.

 

martes, 08 de Abril de 2025
 <VOLVER ao LISTADO de ACTIVIDADES.

ACTIVIDADE SELECCIONADA: RUTA A CÍES:“UNHA VIAXE NO TEMPO”

Descripción da actividade:

                                                                   PRAZAS ESGOTADAS

Visita guiada nas Cíes recorrendo a historia das illas dende a actualidade ata a prehistoria, a través dun itinerario que transcorre dende o porto ata o faro de Cíes.

A lonxitude da ruta é de 3,5Km (lineal, sólo ida) e un desnivel de 175m (dificultade media). A visita terá unha duración aproximada de 2h e media (o resto do tempo será de visita libre)

-DATA: xoves 13 de febreiro.

-CUSTE DO TRANSPORTE: 20 € por persoa, en catamarán (45 min aprox de viaxe).

-HORA e PUNTO DE ENCONTRO: ás 9:45 na estación marítima de Ría (Vigo). Regreso no porto de orixe ás 16:45 aprox.

Recomendada para maiores de 12 anos.

 

+ Información

No caso de non conseguir praza para a ruta desexada pode anotarse na lista de agarda (seleccionando a data desexada). Pode acceder á lista de agarda directamente dende a lista de actividades ou no seguinte enderezo: https://www.reservasparquesnacionales.es/real/ParquesNac/usu/html/detalle-actividad-oapn.aspx?cen=20&act=29

IMPORTANTE:

  • O titular da reserva deberá ser sempre un adulto. Dita reserva figura 1 titular e un máximo de 3 acompañantes. Os MENORES deben ir a cargo de adultos (máximo de 2 menores por titular).Rutas recomendadas para maiores de 12 anos.
  • Débese facer constar no apartado de "acompañantes" os datos de: nome completo e DNI ( se non ten poñer “M”) de TODOS os acompañantes e a súa idade. Caso de non figurar os datos completos de cada un non se dará por valida a súa plaza.
  • Cada persoa poderá participar (e inscribirse) NUNHA SOA DAS RUTAS ofrecidas nesta edición
  • A ruta guiada terán unha duración dunhas 2 horas e media cun desnivel de 175 metros.
  • O Parque enviará un correo ao titular uns días antes da realización da ruta para recordarlle a súa inscripción e confirmar a realización da ruta e darlles os datos de pago do barco contratado.
  • A actividade guiada na Illa é de balde, pero cada persoa ten que asumir os gastos de transporte no barco contratado. O importe aboaráse á empresa de transporte con anticipación, unha vez o parque lle envíe un correo electrónico cos datos de pago.
  • Para non poñer en risco a realización ou non da visita, e que ésta sexa económicamente rentable para a naviera contratada, a devolución deste importe anticipado SÓ se fará no caso de que a organización ou a naviera anule a visita. NON SE DEVOLVERÁ no caso de que a propio participante anule fora do plazo establecido para reservar (e non se poida cubrir a plaza) ou non apareza a data da visita.
  • Tanto para RESERVAR como para ANULAR a plaza na web poderase facer dende 60 días ata 4 días antes da realización da ruta (ex: se a ruta faise o domingo, o mércores será o último día para reservar ou anular na web).
  • Para calquera problema coa reserva  chamar ao 886218090 (de 9:00h a 14:00h de luns a venres) ou 886218082 (de luns a sábado de 10:00h a 14:00h e venres e sábado tamén de 16:30h a 19:30h). Pode enviar un correo electrónico a centrodevisitantes.iatlanticas@xunta.gal
  • A Dirección do Parque reservarase o dereito de CANCELAR a actividade ou modificar os seus horarios en función do número de inscripcións,  as condicións meteorolóxicas ou outras causas de forza maior, avisando previamente a todos os participantes.

Recordar que:

-DATA: Sábado 17 de febreiro.

-CUSTE DO TRANSPORTE(por persoa): 20€, en catamarán (45 min de viaxe)

-HORA e PUNTO DE ENCONTRO: ás 9:45 na estación marítima de Ría (Vigo). Regreso no puerto de orixe ás 16:45 aprox.

Traer gorra, protección solar e auga. Vir con calzado e roupa cómoda e apropiada para sendeirismo.

Formulario de Acceso ás súas reservas:

 INFORMACIÓN e DETALLES SOBRE A ACTIVDADE SELECCIONADA

 Tramitación de RESERVAS
Para acceder a esta actividade é preciso ter un permiso, que se pode tramitar:
  1. Facendo a súa solicitude vía online a través desta web, pulsando a opción "RESERVAS" do menú superior.
  2. En persoa, na oficina do Parque/Centro Nacional, ou mediante calquera dos medios mencionados no apartado "INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE"
     
 DADOS DE CONTACTO
Parque Nacional Islas Atlánticas de Galicia
EDIFICIO Cambón. C/ Palma, 4. Casco Antiguo
36202 Vigo Pontevedra
ESPAÑA
Tel.: 886218090
Teléfono de emergencia: 886218094
Email: iatlanticas@xunta.es
© Organismo Autónomo Parques Nacionales. 2010