Gobierno de España. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino

Central de Reservas en liña do Organismo Autónomo de Parques Nacionais

 
 

PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO: Parque nacional Islas Atlánticas de Galicia

MENÚ de OPCIÓNS do PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO.

 

lúns, 15 de Decembro de 2025
 <VOLVER ao LISTADO de ACTIVIDADES.

ACTIVIDADE SELECCIONADA: RUTA GUIADA PARA MENORES E A SÚA FAMILIA EN SEMANA SANTA

Descripción da actividade:

"Detectives na praia": descubre a vida mariña a partir dos rastros que aparecen nas praias.

É unha dinámica moi participativa onde os menores, acompañados de adultos, pasan un bo rato e aprenden cousas sobre a natureza dos nosos mares.

Pode reservar praza a través desta central de reservas para unha das sesións de Detectives na praia, que se realizarán nas Illas Cíes e na Illa de Ons nos seguintes días:

  • Illas Cíes, martes 15 de abril ás 16:15 horas na caseta de información da illa (a 100m do porto).
  • Illa de Ons, domingo 20 de abril ás 13:00 horas na caseta de información da illa de Ons ao lado do porto.

A actividade terá unha duración aproximada de 45 minutos. A idade mínima de participación é de 5 anos e a máxima recomendable é de 12 anos. Os menores deberán ir sempre acompañados dun adulto (máximo 2 nenos por adulto na actividade).

Nesta época hai transporte diario ás illas. Así, para asistir a esta actividade, deberá ser vostede quen compre o billete do barco nos horarios que considere mellor, sacando previamente a súa autorización da Xunta para poder visitar o Parque en www.autorizacionillasatlanticas.xunta.gal. Na web do Parque www.illasatlanticas.gal, no apartado de visita ao Parque encontrará información sobre como acceder ás illas e contactos das navieiras

O titular da reserva debe ser un adulto. En cada reserva pódese apuntar só un menor no apartado de acompañante (por exemplo, se un pai quere apuntar aos seus dous fillos, deberá cubrir 2 solicitudes distintas, nas que figura como titular en ambas, pero cun fillo distinto como acompañante en cada solicitude).

No caso de non poder conseguir praza para a ruta desexada por estar completa, recoméndase estar atento ao calendario da Central de Reservas, xa que non é raro que se produzan cancelacións nos días previos á ruta, ou preguntar persoalmente se quedan prazas libres na caseta de información o mesmo día da súa visita.

+ Información

O titular da reserva debe ser un adulto (máximo 2 reservas por adulto). En cada reserva pódese apuntar só un menor no apartado de acompañante.

Débese indicar a idade do menor. A idade mínima de participación é de 5 anos e a máxima recomendable é de 12 años.

Na illa, os menores deben ir acompañados na actividade (máximo 2 nenos por adulto).

Solicítanse os seguintes datos: nome, DNI (se non se ten, poñer "M"), procedencia e idade dos menores, ademais de datos de contacto.

Cada menor pode participar nunha soa das actividades ofrecidas. No caso de que se detecten dúas ou máis solicitudes co mesmo menor, o Parque requirirá ao titular para subsanalo e, se non se resolve, o Parque procederá a cancelar todas as solicitudes e denegarlles a inscrición noutras rutas deste ano.

Tanto a RESERVA como a CANCELACIÓN deberán realizarse ata 24 horas antes do inicio da actividade. A non cancelación a tempo (salvo casos debidamente xustificados) será motivo suficiente para NON PODER PARTICIPAR noutras rutas do parque durante todo o ano. Non presentarse na actividade tamén será causa para non poder participar noutras rutas este ano.

Para calquera problema coa cancelación, chame ao 886 218 082 ou envíe un correo a centrodevisitantes.iatlanticas@xunta.es.

A actividade guiada na illa é de balde, pero lembre que, para asistir a estas rutas, deberá ser vostede mesmo quen compre o seu billete para os horarios que mellor considere (en www.illasatlanticas.gal, no apartado de visita ao Parque encontrará información sobre como acceder ás illas e contactos das navieiras) e xestionar previamente a súa autorización da Xunta para visitar o Parque en www.autorizacionillasatlanticas.xunta.gal.

A Dirección do Parque resérvase o dereito de CANCELAR a actividade ou modificar os seus horarios en función do número de inscricións, condicións meteorolóxicas ou outras causas de forza maior.

Lembre:

  • Illas Cíes, martes 15 de abril ás 16:15 horas na caseta de información da illa (a 100m do porto).
  • Illa de Ons, domingo 20 de abril ás 13:00 horas na caseta de información da illa de Ons ao lado do porto.

A actividade terá unha duración aproximada de 45 minutos. Recomendado para familias con nenos entre 5 e 12 anos. Os menores durante a actividade deberán ir sempre acompañados dun adulto (máximo 2 nenos por adulto).

Formulario de Acceso ás súas reservas:

 INFORMACIÓN e DETALLES SOBRE A ACTIVDADE SELECCIONADA

 Tramitación de RESERVAS
Para acceder a esta actividade é preciso ter un permiso, que se pode tramitar:
  1. Facendo a súa solicitude vía online a través desta web, pulsando a opción "RESERVAS" do menú superior.
  2. En persoa, na oficina do Parque/Centro Nacional, ou mediante calquera dos medios mencionados no apartado "INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE"
     
 DADOS DE CONTACTO
Parque Nacional Islas Atlánticas de Galicia
EDIFICIO Cambón. C/ Palma, 4. Casco Antiguo
36202 Vigo Pontevedra
ESPAÑA
Tel.: 886218090
Teléfono de emergencia: 886218094
Email: iatlanticas@xunta.es
© Organismo Autónomo Parques Nacionales. 2010