Ao longo do verán o Parque Nacional ofrecerá rutas guiadas en Cíes todos os días (agás excepcións por causas meteorolóxicas ou de organización), poidendose anotar no mesmo día na caseta de información da illa. ESTA RESERVA DE RUTA NON SUSTITUE Á AUTORIZACIÓN PARA IR A CÏES.
Tamén, a través desta páxina, vostede poderá realizar unha reserva previa de praza para a ruta ofrecida os xoves ás 12:00. A antelación máxima para reservar é de 15 días.
No caso de non quedar prazas dispoñibles nesta central de reservas pode quedar pendente desta páxina por se se produce algunha anulación e quedara algunha plaza libre. Tamén, se é o caso de que estea na illa ese día, podería apuntarse persoalmente, achegándose á caseta de información do Parque (a 100m do peirao) e preguntando se quedan prazas dispoñibles para algunhas das rutas que se ofrezan ese día. Non hai lista de agarda.
- A ruta ofrecida a través desta central leva por título: “Cíes: illa de paisaxes”, Ruta que nos deixa descubrir os segredos das distintas paisaxes de Cíes rematando ou ben no miradoiro da Pedra da Campá ou ben ao mirador do Alto do Príncipe.
- Hora e punto de encontro: ás 11:55h (5 min antes de comezar) os xoves na caseta de información de Cíes, a 100m do peirao da illa.
- Lonxitude da ruta: 2,5Km á Pedra da Campá ou 1,7 ao Alto do Príncipe.
- O percorrido sempre é por pista ben acondicionada pero con tramos de suave a moderada pendente. Vir con calzado e roupa adecuada para osenderismo, así como gorra, protección solar e auga.
Ao rematar a ruta guiada no mirador a iso das 14h no mirador da Pedra da Campá, ou ás 13:30 no caso de ir ao do Príncipe, os participantes poderán escoller entre varias opcións: voltar co guía, seguir por calquera das rutas sinalizadas, ir a restaurante ou nun merendeiro, ir á praia, voltar ao porto...
Ruta recomendada para adultos e maiores de 12 ANOS.
-
O custe e a xestión do transporte á illa vai a conta do participante, xa que nesa época hai transporte marítimo diario a Cíes. É necesario que vostede tramite a súa autorización da Xunta para visitar Cíes (www.autorizacionillasatlanticas.xunta.gal) e asegurarse que hai dispoñibilidade de cupo e xestionar o billete do barco. Máis información sobre os contactos das navieras en www.illasatlanticas.gal no apartado de VISITA CÍES (https://illasatlanticas.gal/gl/visita-o-parque/visita-cies).