Gobierno de España. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino

Central de Reservas en liña do Organismo Autónomo de Parques Nacionais

 
 

PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO: Parque nacional Islas Atlánticas de Galicia

MENÚ de OPCIÓNS do PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO.

 

martes, 18 de Febreiro de 2025
 <VOLVER ao LISTADO de ACTIVIDADES.

ACTIVIDADE SELECCIONADA: RUTA GUIADA EN ONS NO VERÁN

Descripción da actividade:

Ao longo do verán o Parque Nacional ofrecerá rutas guiadas en Ons tódolos días con guías do Parque, ás que poderá apuntarse persoalmente acudindo á caseta de información na illa (ata cubrir as plazas), o mesmo día da súa visita á illa.

Tamén, a través desta páxina, vostede poderá realizar unha reserva previa de praza para a ruta ofrecida os venres ás 12h. ESTA RESERVA DE RUTA NON SUSTITUE Á AUTORIZACIÖN PARA IR A ONS (lea ata o final).

No caso de non quedar prazas dispoñibles nesta central de reservas vostede, ou ben pode quedar pendente por se se produce algunha anulación e quedara algunha plaza libre, ou podería apuntarse persoalmente unha vez vostede chegue á illa, achegándose á caseta de información do Parque (a 100m do peirao), preguntando se quedan prazas dispoñibles para algunhas das rutas que se ofrezan ese día.

A ruta que se farán á 12h nas datas indicadas é:

  • Ons: unha illa de 2 caras ”  Ruta guiada que percorre a illa de Ons pola súa parte central pasando polas inmediacións do faro e recorrendo todas as súas paisaxes : barrios aínda habitados, praias, cantís… Lonxitude da ruta: 4km. Ruta circular. Duración da ruta guiada: 2h aproximadamente, polo que aproximadamente ás 14h remataremos regresando á caseta de información.

 

  • Hora e punto de encontro: 11:55h na caseta de información de Ons (5 min antes da saída), preto do porto, con finalización no mesmo sitio ás 14h aprox.
  • O percorrido é por pista ben acondicionada pero con tramos de suave a moderada pendente. Vir con calzado e roupa adeciada para o senderismo, así como con gorra, protección solar e auga.

Ruta recomendada para maiores de 12 ANOS.

Unha vez rematada a actividade guiada vostedes dispoñen de opcións de lecer, nas inmediacións da caseta hai merendeiros, restaurantes, praias e o inicio doutras rutas sinalizadas pola illa.

No verán as navieras ofrecen viaxes regulares ás illas, polo que o Parque non xestionará o seu transporte. É necesario que vostede tramite a súa autorización da Xunta para visitar Ons (www.autorizacionillasatlanticas.xunta.gal) e así poder comprar o billete do barco antes que reservar a ruta. Pode consultar os contactos das navieras en: https://illasatlanticas.gal/gl/visita-o-parque/visita-ons

+ Información
  •  Os MENORES deben ir a cargo dun adulto que teña a súa reserva xa feita como titular. En caso de menores sin DNI poñer M nese apartado del formulario.

  • A ruta guiada é de balde pero o transporte non. No verán as navieras ofrecen viaxes regulares ás illas, polo que o Parque non xestionará o seu transporte. É necesario que vostede tramite a súa autorización da Xunta para visitar Ons (www.autorizacionillasatlanticas.xunta.gal) e así poder comprar o billete do barco antes que reservar a ruta. Pode consultar os contactos das navieras en: https://illasatlanticas.gal/gl/visita-o-parque/visita-ons

  • Comprobe a disponibilidade de cupo para a visita e así poder comprar o billete do barco antes que reservar a ruta.
  • Cada persoa poderá participar NUNHA SOA DAS RUTAS a Ons ofertadas este verán a través da central. 

  • Para SOLICITAR deberáse realizar cunha antelación máxima de 15 días ata 24h antes da realización da ruta. Para ANULAR deberase facer antes de 24 horas da realización da ruta.

  • Non anular en tempo ou non aparecer na ruta (salvo casos debidamente xustificados), será motivo dabondo para NON PODER PARTICIPAR noutras rutas organizadas polo Parque Nacional este ano.  Para anular, entrar no apartado "Accede a tus reservas" da web www.reservasparquesnacionales.es. Para calquera problema coa anulación enviar un correo a centrodevisitantes.iatlanticas@xunta.es ou chamar ó 886218082 (de 10 a 14h e de 17 a 19:30).

A Dirección do Parque reservarase o dereito de CANCELAR a actividade ou modificar os seus horarios en función do número de inscripcións, as condicións meteorolóxicas u outras causas de forza maior. No caso de anulación non se adiará para outra data.

Recorde:

  •  “Ons: unha illa de 2 caras ”  Ruta guiada que percorre a illa de Ons pola súa parte central pasando polas inmediacións do faro e recorrendo todas as súas paisaxes : barrios aínda habitados, praias, cantís… Lonxitude da ruta: 4km. Ruta circular. Duración da ruta guiada 2h aproximadamente. Hora e punto de encontro: ás 11:55h na caseta de información de Ons (preto do peirao da illa) e finalización no mesmo sitio ás 14h aprox.
Formulario de Acceso ás súas reservas:

 INFORMACIÓN e DETALLES SOBRE A ACTIVDADE SELECCIONADA

 Tramitación de RESERVAS
Para acceder a esta actividade é preciso ter un permiso, que se pode tramitar:
  1. Facendo a súa solicitude vía online a través desta web, pulsando a opción "RESERVAS" do menú superior.
  2. En persoa, na oficina do Parque/Centro Nacional, ou mediante calquera dos medios mencionados no apartado "INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE"
     
 DADOS DE CONTACTO
Parque Nacional Islas Atlánticas de Galicia
EDIFICIO Cambón. C/ Palma, 4. Casco Antiguo
36202 Vigo Pontevedra
ESPAÑA
Tel.: 886218090
Fax: 886218094
Email: iatlanticas@xunta.es
© Organismo Autónomo Parques Nacionales. 2010