Gobierno de España. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino

Central de Reservas en liña do Organismo Autónomo de Parques Nacionais

 
 
 

PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO: Parque nacional GARAJONAY

MENÚ de OPCIÓNS do PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO.

 

martes, 03 de Decembro de 2024
 <VOLVER ao LISTADO de ACTIVIDADES.

ACTIVIDADE SELECCIONADA: ROTAS GUIADAS PARA GRUPOS (COLECTIVOS, ASOCIACIÓNS, ENTIDADES, ETC.)

Descripción da actividade:

O Parque Nacional de Garajonay ofrece un servizo de rotas guiadas gratuítos para grupos organizados (colectivos, asociacións, entidades, grupos escolares e outros). É preciso reservar data. Pódense facer todos os días da semana excepto sábados e domingos.

+ Información

O Parque Nacional de Garajonay ten unha ampla rede de carreiros e guías especializados para asegurar que os visitantes aprendan ao tempo que gozan. Este servizo está dispoñible para os grupos organizados (colectivos, asociación, entidades, grupos escolares, etc.) que fiquen na illa varios días ou tan só unhas horas (chegando pola mañá e marchando pola tarde). Para reservar, é preciso cubrir o MODELO de SOLICITUDE de ACCESO a este servizo que poderán descargar de Tramitación de RESERVAS e envialo á dirección indicada en DADOS DE CONTACTO (cvgarajonay@oapn.es), ou chamar de 9:00h.-15:00h (excepto sábados e domingos) ao teléfono 922 477 223. Neste MODELO de SOLICITUDE de ACCESO pídense diferentes dados sobre o grupo, así coma o obxectivo da visita, número de persoas e tempo estimado que queren adicar ao Parque. Estes dados son importantes para aconsellar e informar ao grupo da mellor opción adaptada ás necesidades e características do grupo.

Dada a fraxilidade do espazo, a súa conservación depende da actitude responsable dos seus visitantes. Rogámoslles que teñan en conta a normativa que se aplica a estes espazos de grande valor.

IMPORTANTE: Este servizo pode ser cancelado por causa de forza maior ou por Alerta Meteorolóxica por fenómenos adversos (Alerta Amarela, Laranxa ou Vermella).

Formulario de Acceso ás súas reservas:

 INFORMACIÓN e DETALLES SOBRE A ACTIVDADE SELECCIONADA

 Tramitación de RESERVAS
Para acceder a esta actividade é preciso ter un permiso, que se pode tramitar:
  1. Facendo a súa solicitude vía online a través desta web, pulsando a opción "RESERVAS" do menú superior.
  2. En persoa, na oficina do Parque/Centro Nacional, ou mediante calquera dos medios mencionados no apartado "INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE"
     
 DADOS DE CONTACTO
Parque Nacional GARAJONAY
Centro de visitantes "Juego de Bolas". La Palmita.
38830 Agulo Santa Cruz de Tenerife
ESPAÑA
Tel.: 922 477 222
Fax:
Email: cvgarajonay@oapn.es
------------------------------------
Ed las Creces, Loc.1 c/Ruiz de Padrón
38800 San Sebastián de La Gomera Santa Cruz de Tenerife
ESPAÑA
Tel.: 922 922 600
Fax:
Email: informacion.garajonay@gobiernodecanarias.org
© Organismo Autónomo Parques Nacionales. 2010