Visita guiada pola illa de Cortegada acompañados dun guía propio do Parque Nacional, na que se visitará a aldea abandonada, a súa ermida e os seus bosques. As árbores debuxan a paisaxe da illa e revélarannos moitos dos seus segredos.
LONXITUDE da ruta: 3.2km. Ruta circular polo perímetro da illa. Duración dunhas 2 horas e media, sempre por camiño de pouca pendente.
Calendario, horario e portos de saída:
|
hora de inicio |
hora de remate |
porto |
| Domingo 12 de xullo |
11:00 |
17:15 |
Vilagarcía |
| Domingo 19 de xullo |
10:15 |
17:15 |
Vilagarcía |
| Domingo 26 de xullo |
11:00 |
17:15 |
Carril |
| Domingo 2 de agosto |
10:15 |
17:15 |
Vilagarcía |
| Domingo 9 de agosto |
09:45 |
14:45 |
Vilagarcía |
| Xoves 20 de agosto |
09:15 |
13:45 |
Vilagarcía |
| Domingo 23 de agosto |
10:15 |
15:00 |
Carril |
| Domingo 30 de agosto |
10:15 |
17:15 |
Carril |
A embarcación será unha lancha ou pequena embarcación. O tempo de viaxe varía entre 5 min a 15 min dependendo do porto de saída.
Prezo: 15€ por persoa. O importe aboarase á empresa de transporte con anticipación á ruta, unha vez que o Parque Nacional lle envíe os datos de pago da naviera.
A ruta farase ao chegar á illa. No caso dos días que se volva pola tarde, haberá tempo de lecer para comer na illa e disfrutar das praias e da súa natureza. Nas datas que se volva ao medio día, non haberá tanto tempo. Cada participante debe levar o seu xantar e o que precise.
Rutas recomendadas para maiores de 12 anos.