Gobierno de España. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino

Central de Reservas en liña do Organismo Autónomo de Parques Nacionais

 
 

PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO: Parque nacional Islas Atlánticas de Galicia

MENÚ de OPCIÓNS do PARQUE ou CENTRO SELECCIONADO.

 

mércores, 27 de Novembro de 2024
 <VOLVER ao LISTADO de ACTIVIDADES.

ACTIVIDADE SELECCIONADA: RUTA ONS: “ A ILLA E O MAR”

Descripción da actividade:

Visita guiada pola illa de Ons na compaña dun guía propio do Parque Nacional,na que s evisitará a zona do Faro e o xacemento do Castelo dos Mouros. A través deste percorrido descubriremos aspectos e lugares pouco coñecidos de Ons e como a relación co mar marcou a vida nas illas dende a prehistoria ata a actualidade.

LONXITUDE da ruta: 5km. duración de 2h30min aprox. Ruta circular. Dificultade media (120 m de desnivel)

DATAS: Sábados 13 e 20 de abril.

HORA e PUNTO DE ENCONTRO: 10:15h, no porto de Bueu, na zona de saída de pasaxeiros para Ons (ao lado da nave de redeiras do porto). Hora de chegada de volta a Bueu: 18:30 aprox.

CUSTE do TRANSPORTE (por persoa): 15,5€

    Recomendada para maiores de 12 AÑOS.

+ Información

No caso de non conseguir praza para a ruta desexada pode apuntarse na lista de espera (seleccionando a data desexada).

  • O titular da reserva deberá ser sempre un adulto. Dita reserva figura 1 titular e un máximo de 3 acompañantes. Os MENORES deben ir a cargo de adultos (máximo de 2 menores por titular).
  • Rutas recomendadas para maiores de 12 anos.
  • Débese facer constar no apartado de "acompañantes" os datos de: nome completo e DNI ( se non ten poñer “M”) de TODOS os acompañantes e a súa idade. Caso de non figurar os datos completos de cada un non se dará por valida a súa plaza.
  • Cada persoa poderá participar (e inscribirse) NUNHA SOA DAS RUTAS ofrecidas.
  • A ruta guiada terán unha duración dunhas 2h e media. Tras a ruta haberá tempo libre ata a saída do barco ás 17:30.
  • O Parque enviará un correo ao titular uns días antes da realización da ruta para recordarlle a súa inscripción e confirmar a realización da ruta e darlles os datos de pago do barco contratado.
  • A actividade guiada na Illa é de balde, pero cada persoa ten que asumir os gastos de transporte no barco contratado. O importe aboaráse á empresa de transporte con anticipación, unha vez o parque lle envíe un correo electrónico cos datos de pago.
  • Para non poñer en risco a realización ou non da visita, e que ésta sexa económicamente rendible para a naviera contratada, a devolución deste importe anticipado SÓ se fará no caso de que a organización ou a naviera anule a visita. NON SE DEVOLVERÁ no caso de que a propio participante anule fora do plazo establecido ou non apareza a data da visita.
  • Tanto para RESERVAR como para ANULAR a plaza na web poderase facer ata 4 días antes da realización da ruta (ex: se a ruta faise o sábado, o martes será o último día para reservar ou anular na web).
  • Para calquera problema coa reserva  chamar ao 886218090 (de luns a venres de 9-14h) ou 886218082 ( venres e sábado de 17 a 19h) ou enviar correo a guias.iatlanticas@xunta.gal.
  • A Dirección do Parque  reservarase o dereito de CANCELAR a actividade ou modificar os seus horarios en función do número de inscripcións,  as condicións meteorolóxicas ou outras causas de forza maior, avisando previamente a todos os participantes.

Recordar que:

DATAS: Sábados 13 e 20 de abril.

-HORA e PUNTO DE ENCONTRO: 10:15h, no porto de Bueu, na zona de saída de pasaxeiros para Ons (ao lado da nave de redeiras do porto). Hora de chegada de volta a Bueu: 18:30 aprox.

     -CUSTE do TRANSPORTE (por persoa): 15,5€

Formulario de Acceso ás súas reservas:

 INFORMACIÓN e DETALLES SOBRE A ACTIVDADE SELECCIONADA

 Tramitación de RESERVAS
Para acceder a esta actividade é preciso ter un permiso, que se pode tramitar:
  1. Facendo a súa solicitude vía online a través desta web, pulsando a opción "RESERVAS" do menú superior.
  2. En persoa, na oficina do Parque/Centro Nacional, ou mediante calquera dos medios mencionados no apartado "INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE"
     
 DADOS DE CONTACTO
Parque Nacional Islas Atlánticas de Galicia
EDIFICIO Cambón. C/ Palma, 4. Casco Antiguo
36202 Vigo Pontevedra
ESPAÑA
Tel.: 886218090
Fax: 886218094
Email: iatlanticas@xunta.es
© Organismo Autónomo Parques Nacionales. 2010