O Centro de Visitantes “Juego de Bolas” está situado ao norte da illa, en La Palmita, na área do concello de Agulo e a 3 quilómetros do Parque. Forma parte do equipamento do Parque e ten unha ampla e interesante exposición sobre diversos aspectos do Parque e da Illa. Varias salas expositivas e unha de audiovisuais ofrecen información moi completa a través de paneis, maquetas e outros elementos expositivos. A Casa de la Memoria recolle aspectos da cultura popular coma o interior dunha casa labrega, os apeiros de labranza, a bodega, a olaría, os uso tradicionais do monte e do folclore. No exterior, os xardíns teñen unha ampla representación da flora de Canarias e moitas plantas endémicas gomeras, así coma unha parte adicada aos cultivos tradicionais e plantas medicinais. Conta tamén con obradoiros de artesanía onde fanse e véndense produtos da illa. Para reservar, é preciso cubrir o MODELO de SOLICITUDE de ACCESO a este servizo que poderán descargar de Tramitación de RESERVAS e envialo á dirección indicada en DADOS DE CONTACTO (cvgarajonay@oapn.es), ou chamar de 9:00h.-15:00h (excepto sábados e domingos) ao teléfono 922 447 223. Neste MODELO de SOLICITUDE de ACCESO pídense diferentes dados sobre o grupo, así coma o obxectivo da visita, número de persoas e tempo estimado que queren adicar ao Parque. Estes dados son importantes para aconsellar e informar ao grupo da mellor opción adaptada ás necesidades e características do grupo.
Dada a fraxilidade do espazo, a súa conservación depende da actitude responsable dos seus visitantes. Rogámoslles que teñan en conta a normativa que se aplica a estes espazos de grande valor.
IMPORTANTE: Este servizo pode ser cancelado por causa de forza maior ou por Alerta Meteorolóxica por fenómenos adversos (Alerta Amarela, Laranxa ou Vermella).